sábado, 29 de abril de 2017

DOA OCAMPO

Seguimos con máis pintura. Esta vez, a pintora Doa Ocampo que é a autora da obra pictórica dunha das cúpulas do edificio de E. Infantil. Desfrutade da súa beleza.



Podedes saber máis no blogue do noso proxecto "Pintura rima con lectura".

miércoles, 26 de abril de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA


As nenas e nenos de 3 anos fixeron unha visita á oficina de CORREOS. ???? NOOON! En realidade foron  escoitar contos á sede da Galería de Sargadelos dentro da Campaña de Animación á lectura que todos os anos promove o Concello e a editorial Kalandraka. En días anteriores desfrutou da mesma actividade o alumnado de 4 e 5 anos.
Moi interesante!

martes, 25 de abril de 2017

MARCOS S. CALVEIRO



O escritor Marcos Calveiro, autor do libro "Unha casiña branca" pasou onte pola nosa biblitoeca para contarnos cousas do libro e responder ás nosas preguntas. Moitas grazas Marcos!

viernes, 21 de abril de 2017

DÍa Internacional do Libro


O próximo domingo, 23 de abril, celebramos O DÍA DO LIBRO. Hoxe venres, no noso colexio xa comenzamos con esta celebración, e fixémolo a través dunha actividade denominada: Apadriñamos.
As nenas e nenos maiores léronlles un conto aos pequerrechos. E...calquer lugar é bo para ler. Mirade se non...

jueves, 6 de abril de 2017

MÁIS AUTORAS E AUTORES NA NOSA BIBLIOTECA

Onte, día 5 de abril volvemos a ter visita na biblioteca: A poetisa YOLANDA CASTAÑO, a escritora ÁNXELA GRACIÁN, o escritor portugués JOAO MANUEL RIBEIRO. Alí estivemos escoitando aos grandes das nosas letras e das do país veciño, Portugal. Moitas grazas!