martes, 23 de febrero de 2016

24 de febreiro: O DÍA DE ROSALÍA

Este ano, os nenos e nenas do noso cole realizaron unha actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores Galegos para recordar á nosa gran escritora. A actividade consite na elaboración dunha postal inspirada nuns versos de Rosalía. Dita postal será enviada ás familias ou aquelas persoas que os alumnos e alumnas desexen. Mirade que chulas! Aí van, camiño do seu destino! FELICIDADES ROSALÍA!