jueves, 30 de abril de 2015

Árbore de libros en Educación Infantil

Chegou a primavera e, co Día do Libro medrou no espazo dos nosos máis pequerrechos unha árbore á que lle están a saír...unhas follas certamente raras!
Estarán con nós durante o mes de maio, adicado ás nosas letras, claro!

miércoles, 29 de abril de 2015

Todos e todas ao teatro!

Onte, día 28, todo o alumnado de Primaria asistimos a unha representación teatral no Teatro Principal da nosa cidade. A obra que fomos desfrutar foi "O Espantallo amigo" de Neira Vilas, interpretado pola compañía Os Quinquilláns.
Aplausos a rabiar!

Recomendacións lectoras

O taboleiro exterior da biblioteca e mesmo as paredes da entrada están a se encher de recomendacións de lecturas por parte de nenos e nenas lectores. Así, cada quen recomenda un libro interesante e faino saber empapelando o colexio.

Celebramos o Día do Libro

O pasado 23 de abril tivo lugar na nosa biblioteca, como en anos anteriores, unha lectura continuada por parte de todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria do colexio. Desfrutamos dunha mañá de lectura e fantasía moi ben acompañados.

Premios dos nosos concursos

O pasado día 23 de abril foron entregados os premios dos diferentes concursos convocados pola biblioteca do colexio. Noraboa a todos os premiados e premiadas!

viernes, 10 de abril de 2015

Campaña de animación á lectura "Ler é voar"


O alumnado de E. Infantil e 1º nivel de E. Primaria visitaron a galería Sargadelos para asistir á sesións de contacontos na campaña de lectura Ler é voar.

Cadernos de lecturas

Mirade que cadernos de lecturas tan bonitos estanse a facer no noso colexio. Cada día ledes máis!

Premios!

En breve se levará a cabo o sorteo para os premios do concurso proposto o pasado mes de marzo para conmemorar o Día internacional da muller traballadora. A participación foi moi elevada pero os premios merecen a pena e o voso traballo foi, como sempre, digno dun 10!