martes, 24 de febrero de 2015

23 de febreiro: día de Rosalía de Castro

Hoxe, día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, porque hai 178 anos que nesta data naceu esta grandísima escritora das nosas letras.
No colexio, durante esta semana realizaremos actividades para lembrar e desfrutar da súa obra.

domingo, 22 de febrero de 2015

Poemas colectivos sobre a PAZ

Así de bonitas e importantes nos quedaron as poesías sobre o tema da PAZ que todos os cursos foron facendo ao longo destes días. Quedarán expostas na biblioteca durante unha temporadiña.

Anxo fariña nos visita

O pasado xoves visitou a nosa biblioteca Anxo Fariña. Charlou cos alumnos e alumnas de 5º e 6º e asinou os seus libros. Deixou en nós un grato recordo.

miércoles, 4 de febrero de 2015

30 de Xaneiro: Día mundial pola PAZ

O día 30 de xaneiro  celebramos o día da Paz a través dun acto colectivo cargado de sinbolismo.
Na nosa Biblioteca seleccionamos unha serie de libros e recursos para traballar este tema nas aulas.