domingo, 9 de febrero de 2014

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS

Aquí está o nome dos nenos e nenas que resultaron premiados no concurso de relatos curtos de terror: Sabela e Alexandra, de 1º B por "Os nenos vampiros", Roi Jun, de 1º B por "O Guh", Manuel González Gutiérrez, de 2º A por "O vampiro EroiS", Tristán López Dono, de 2º A por "A noite do medo", Paula Carracedo García, de 2º A por "O home do saco perigoso", Carolina, de 2º B por "Contos de medo", Brais Fraga Cantelar, de 3º A por "Viaxe a un mundo perdido", Ana Brenlla Barreiros, de 3º A por "O Castelo", Mauro Santamariña, de 3º B por "O neno e os monstros", Darío Martínez Germil, Nadine Rña otero e Thiago Dos Santos, de 6º A por "A sangría de Manchester". Noraboa a todos e todas

sábado, 1 de febrero de 2014

Concha Blanco na nosa biblioteca

Esta semana charlou cos alumnos e alumnas do 2º ciclo unha das escritoras que nos ían visitar durante este 2º trimestre. Trátase de Concha Blanco, autora de libros para nenos e nenas tan bonitos como "A bruxiña da sorte".