jueves, 13 de noviembre de 2014

O Compos...!

Tamén na biblioteca reuniron a un gran público varios xogadores e directivos dun dos equipos de fútbol da cidade.

Visitas especiais

Unha vez máis a biblioteca serve de lugar axeitado para que nos visiten persoas marabillosas. Neste caso avós e avoas que nos falan das súas experiencias laborais e aficións: A saúde e a ciencia.

Exposición de libros de medo

Como todos os anos, propoñemos desde a biblioteca,unha pequena mostra de libros de medo para que durmades...mal!

Busca! Busca! Busca!

As nosas bruxas (e outros monstruos) xa atoparon o libro que buscaban!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

As bruxas na biblioteca!!!

Coláronse nestas datas na nosa bilbioteca e non fomos quen de espantalas de alí. Víanse moi, moi interesadas nos nosos contos...

Proxecto: MATEMÁTICO!

Continuando co tema deste curso proposto para a celebración do mes das bibliotecas, durante todo este trimestre e, tanto en E. Infantil como en E. Primaria, estamos a traballar para conseguir e presentar recursos na nosa biblioteca. As matemáticas nos envolverán e farán que nos divirtamos...