miércoles, 29 de octubre de 2014

3º Concurso de relatos curtos de terror

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 3º concurso de relatos curtos que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto. Bases do concurso: Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro. Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo). Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma. Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o venres, día 5 de decembro de 2014. Importante aclarar que non entrarán a concurso nin se recollerán traballos despois dese día. Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar. Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo. Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca. Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

sábado, 11 de octubre de 2014

Biblioteca escolar: MATEMÁTICO!

Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. Lembrade que outubro é o mes das Bibliotecas e, especialmente o día 24 do mesmo. Na nosa estamos a preparar unha serie de actividades relacionadas coas matemáticas para que poidades desfrutar delas.