martes, 29 de abril de 2014

Día do Libro

Desde a nosa Biblioteca celebramos onte, 23 de abril, como cada ano, o día grande dos libros e dos autores e autoras. Desde 1995 vimos celebrando esta conmemoración para agradecer a escritores e escritoras o que nos fan desfrutar e o que nos ensinan coas súas palabras. Moitas grazas! Na biblioteca do colexio de Fontiñas levamos a cabo unha serie de actividades durante toda a xornada: Lectura continuada, proxección de recursos elaborados desde a biblioteca, exposición de traballos sobre obras e de libros, entrega de premios do concurso "Mulleres que fan Historia"...