viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL!

Desde a biblioteca do colexio queremos que sigades lendo nas vacacións e que os libros vos acompañen nestas festas.
Saúdos e Felices Festas!

jueves, 8 de noviembre de 2012

O Samaín e os libros de terror!

Facede unha "paradiña" no noso rincón-exposición de medo, bruxas, fantasmas, cousas de noxo...Veredes cantos libros atopamos na biblioteca con ese tema. Nunca tantos pensamos! Moitos deles xa están circulando polas aulas.

miércoles, 31 de octubre de 2012

1º CONCURSO DE RELATOS CURTOS CO TEMA: RELATOS ASOMBROSOS E DE TERROR.

Bases do concurso: Primeira. As obras consistirán en contos , historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro. Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou pequeño grupo. Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma. Para esta primeira edición establécense un ou varios premios por nivel. Cuarta. As obras no poderán exceder dedúas carillas de folio manuscrito de extensión (incluindo a ilustración). Quinta. A data límite para a recepción das obras será o luns, 19 de novembro de 2012. O fallo do certame darase a coñecer en datas posteriores, a ser posible antes de que remate dito mes.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar. Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava. Compre que xunto coas obras se proporcione a seguiente información: Titulo do relato/debuxo....... Autor/a/s.......... Curso e grupo........... Novena. As obras a concurso deberán entregarseás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca. Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

miércoles, 10 de octubre de 2012

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co lema "biblioteca escolar, acelerador de innovación" e un estupendo cartel de Andrés Meixide, celebramos o mes da biblioteca escolar (outubro) e o día da Biblioteca (24 de outubro). Lembremos que as bibliotecas escolares están a renovarse cada ano para chegar aos nenos e nenas cada vez máis e mellor. No noso centro estamos a realizar traballos para conmemorar a data.

COMENZAMOS O CURSO 2012-13!

Dende a biblioteca damos a benvida aos novos alumnos e alumnas do cole e, por suposto, aos que se incorporan á etapa de Primaria. Os nenos e nenas do 1º nivel xa elaboraron os seus marcadores personais e fixeron a súa primeira visita guiada para coñecer este atractivo recurso para eles.

jueves, 24 de mayo de 2012

Concurso!

Para conmemorar o día das Letras galegas, no centro fixemos un concurso de preguntas sobre o que sabemos da figura de Valentín Paz Andrade.Estivo moooooiiii interesante!Todos os equipos demostraron o ben informados que estaban! Atentos...!
O ano que ven será máis difícil!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

Semana das LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, estas datas son para celebrar a importancia da nosa lingua. Ademáis, recordar a escritores e intelectuais que fixeron e fan posible a riqueza da mesma. Este ano, Valentín Paz Andrade "entra" nas nosas casas, nos centros educativos, nos medios de comunicación...a través das súas letras, das súas accións e o seu amor por Galicia.
Un aplauso para Valentín! No noso colexio estamos a realizar durante toda a semana diversas actividades de conmemoración: concurso, exposicións, lecturas, debuxos...

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Hoxe, día 23 de Abril celebramos en todo o mundo o día do libro. No noso colexio estanse a levar a cabo varias actividades para conmemorar esta data: exposicións, concursos, lecturas en voz alta... De todo daremos conta pronto, feliz día!!!

GONZALO MOURE ENTRE NÓS

Este curso estivo charlando cos alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º o escritor Gonzalo Moure, que nos respondeu a todo o que lle preguntamos e nos fixo pasar uns momentos moi agradables. Tamén nos asinou os exemplares das obras que fomos traballando durante as clases. Moitas grazas Gonzalo!!!

viernes, 2 de marzo de 2012

CONCURSO DE CÓMICS

Animádevos a deseñar o voso propio cómic durante todo o mes de marzo, xa que está convocado un concurso de cómics para todos os alumnos e alumnas do colexio.
Pedide información na biblioteca e facilitaránsevos as bases e mesmo plantillas.
BASES DO CONCURSO

1. Poderán concurrir a este concurso todos os alumnos e alumnas do colexio que o desexen.
2. O tema será libre, con textos en lingua galega ou castelá. Cada autor/a presentará as obras que considere oportunas.
3. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión entre unha e catro páxinas, a cor ou blanco e negro, a técnica libre e con dimensións de DIN A-4. Se suministrarán plantillas a quen o desexe.
4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista. O estilo, tratamento e xénero libres.
5. Os traballos presentaranse na biblioteca, facendo constar o nome e apelidos do concursante/es, edade e curso no que está.
6. O prazo de presentación dos traballos será do 28 ao 30 de marzo de 2012.
7. Establécense premios en tres categorías:
a. ata 6 anos.
b. de 7 a 9 anos.
c. de 10 anos en adiante.
O premio consistirá nun cómic para cada traballo premiado.
8. Ademais dos premios, o xurado poderá reservarse o dereito a facer mencións especiais.
9. Os traballos serán devoltos aos autores/as que o soliciten. Poderán ser publicados.
10. Organizarase unha exposición coas obras presentadas en datas próximas á celebración do día do libro (23 de abril).
11. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

viernes, 3 de febrero de 2012

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA PAZ

O noso colexio, e por suposto a biblioteca, súmanse á gran cantidade de centros que reflexionaron nestas datas sobre a importancia e a urxencia de acadar un mundo de paz. Un mundo no que as palabras e accións negativas sexan borradas e cambiadas por outras cheas de bós desexos e esperanza.
Os nenos e nenas do segundo ciclo realizaron este precioso mural coas aportacións artísticas de cada un deles. Desfrutade del tamén na casa! Ademais, Pili Bolechas, desde a biblioteca, propón unhas lecturas para todas as idades e todos os momentos.
Bicos para todos!